Últimas novidades

25/06/2017. Lalín vai acoller a rodaxe da película “Feedback”. Trátase da ópera prima do galego Pedro C. Alonso e vai ter como un dos escenarios o Castro Tecnolóxico. Pedro C. Alonso conta cunha longa traxectoria profesional no audiovisual, realizando campañas para marcas de primeira liña como McDonald`s, General Motors, ONCE, Coca-Cola ou Gadis.
23/06/2017 No marco das políticas activas da concellería de Turismo para a atracción de visitantes e, logo de acudir á Semana Verde de Galicia e á exposición do Eixo Atlántico, Expocidades, con enorme éxito en canto a número de contactos realizados, o Concello de Lalín expón agora os seus encantos noutro evento de gran dimensión como é a Romaría do Corpiño, que se celebra entre hoxe e mañá.
19/06/2017 O Concello de Lalín, no marco das medidas activas a prol da promoción turística do municipio, estivo presente na mostra Expocidades que acolleu a localidade portuguesa de Vila Real e na que participou unha ampla representación das cidades que forman parte do Eixo Atlántico.
16/06/2017 - O Concello de Lalín estará presente do 15 ao 17 de xuño na mostra Expocidades, que acolle a localidade portuguesa de Vila Real e na que participa unha ampla representación das cidades que forman parte do Eixo Atlántico. O concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño, sinalou que “esta exposición é un escenario perfecto para mostrar as posibilidades turísticas do noso municipio dentro dunha oferta centrada no turismo de proximidade dada a relativa pouca distancia que existe entre as cidades galegas e as portuguesas e a variedade de ofertas turísticas para o visitante”.