Últimas novidades

12/9/2017 O receitario está sendo confeccionado coa colaboración da hostalería de Lalín e da Escola de Turismo e Hostalería Belarmino Fernández de Sober. Realizarase unha tirada de 25 mil exemplares “de moita calidade, tanto no referente a contidos como no seu deseño e maquetación”. Vilariño apuntou que a publicación nace “coa máxima ilusión e coa intención de que sirva para seguir impulsando o noso prato máis senlleiro e a nosa festa máis sobranceira”.
11/9/2017 A exposición sobre as árbores senlleiras inicia en Lalín o seu percorrido pola provincia da man da Deputación de Pontevedra. Con esta exposición estréase unha nova Sala de Exposicións do Pazo de Liñares co obxectivo de seguir construíndo un lugar de referencia ineludible a nivel turístico e cultural. ‘As nosas senlleiras’, que recolle 35 árbores catalogadas da provincia, poderá visitarse na capital do Deza desde o 15 de setembro ata o 1 de outubro.
9/9/2017 O concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño, puxo de manifesto hoxe “o significativo aumento” dos peregrinos que durante os meses de xuño, xullo e agosto chegaron a Lalín e fixeron uso tanto do polideportivo como doutros aloxamentos, deixando cifras de récord de afluencia con respecto a anos anteriores.
4/09/2017 Momentos máxicos os que se viviron na tarde-noite do venres co concerto de Uxía e a Banda Xuvenil de Lalín no Pazo de Liñares. Unha actividade que viña da man do Deputación de Pontevedra, concretamente do Departamento de Cultura con Xosé Leal como máximo responsable do mesmo.