Últimas novidades

28/12/2017 O artista xa fixo o cartel das edicións número 7, 9 e 25 da Feira do Cocido, polo que se pretende representar o seu vencello histórico cun evento que o próximo ano cumpre o seu medio século de vida. Escolleuse para este fin un cadro de 1969, que é un claro exemplo da faceta máis espontánea de Laxeiro. O cartel foi presentado esta tarde no museo municipal, a carón da estatua do pintor lalinense. O cartaz é un elemento fundamental dentro da celebración da Feira do Cocido, xa que se converte na súa principal carta de presentación e na súa imaxe.
28/12/2017 Boa acollida de "Os acústicos de Liñares" na súa primeira edición. Un concerto en acústico no que participaron tres agrupacións locais: As mozas do arrabal, NÓS e Atmósfera Zero. Numeroso público achegouse na tarde de Nadal para desfrutar da actuación desta tres formacións locais. Unha nova actividade que busca poñer en valor unha xoia como é o Pazo de Liñares, procurando facer desta casa monumental un colector de actividades e un espazo cheo de contidos.
21/12/2017 A sala de prensa do concello de Lalín acolleu a presentación do evento musical denominado “Os acústicos de Liñares”, organizado pola concellería de Turismo o día 25 de decembro, a partir das 18.30 horas, no Pazo de Liñares. Trátase dun concerto en acústico no que participarán tres agrupacións locais: As mozas do arrabal, NÓS e Atmósfera Zero.
18/12/2017 Foi numeroso o público que onte se achegou ata o centro social de Alperiz para asistir á charla impartida pola arqueóloga Mª José Bóveda sobre o conxunto megálitico que se atopa na parroquia. O concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño, amosou a súa satisfación pola gran acollida desta iniciativa onde unha bo numero de persoas se citaron para participar dunha acción para a posta en valor do noso patrimonio.