Últimas novidades

27/10/2017 “Lalín, o lenzo dunha vila”. Presentouse a terceira das cinco cápsulas audiovisuais promocionais de Lalín. Tras o lanzamento de “Lalín, un lenzo natural” e “Lalín, un lenzo sabor”, hoxe veu a luz unha nova peza videográfica que neste caso se centra no potencial turístico da vila de Lalín como espazo urbano atractivo e acolledor, baixo o título de “Lalín, o lenzo dunha vila”.
16/10/2017 O Concello de Lalín inaugurou o sábado, día 14 de outubro, a nova área de servizo e estacionamento para autocaravanas, un espazo habilitado no Agro de Lalín de Arriba coa finalidade de diversificar a oferta turística do municipio e atraer un tipo de turismo sostible e cada vez de maior puxanza.
13/10/2017 O encontro de blogueiros de viaxes, organizado polo Concello para difundir de xeito novidoso os atractivos turísticos do municipio, que tivo lugar a pasada fin de semana, foi un éxito absoluto. A repercusión en redes sociais que tiveron as experiencias dos blogueiros participantes foi masiva. Tanto, que as súas mensaxes nas diferentes plataformas (Facebook, Twitter e Instagram) alcanzaron un total de 28 millóns de impresións.
2/10/2017 O concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño, presentou a nova iniciativa do Concello de Lalín coa que se quere poñer en valor unha ruta baseada nos castros. Esta proposta serviría para potenciar o rico patrimonio castrexo de Lalín mediante un percorrido visitable con varios puntos de interese. En concreto, a ruta incluirá o castro de Camposancos, o Pazo de Liñares, o Castro de Bendoiro, Castrodeza, o Castro de Donramiro e o de Doade.