Últimas novidades

14/01/2018 O vehículo recalará este ano en vilas como Tui e Moaña e en localidades de paso do Camiño de Inverno como Ponferrada, Santiago de Compostela, Monforte de Lemos e O Barco de Valdeorras. A súa versatilidade permitirá convertelo nunha completa oficina de información turística para difundir os atractivos de Lalín como destino ao longo de todo o ano. As súas características propiciarán o desenvolvemento de actividades puntuais e degustacións que permitirán poñer en valor a elevada calidade da nosa hostalería e o produto gastronómico. O autobús clásico de tipo inglés, que xa constitúe un dos sinais de identidade da Feira, está patrocinado por GADIS, e conta coa colaboración de ABANCA e COREN.
13/01/2018 Onte presentouse o novo libro de receitas baseadas no prato insignia da gastronomía galega, que serve para conmemorar a 50ª edición da Feira do Cocido. O acto de presentación tivo lugar na casa consistorial e nel participaron o alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, o concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño, o cociñeiro e coordinador da publicación, Diego López Dapena, ademais dos 13 representantes da hostalería lalinense que realizaron contribucións ao receitario.
12/01/2018 Os prezos dos cocidos oscilan entre os 20 e os 45 euros, cunha media que se sitúa en 26. Os establecemento están suxeitos ao Selo de Calidade do Cocido, un elemento que garante os valores e a calidade deste prato, así como da agradable experiencia de degustar un Cocido. Francisco Vilariño agradeceu o interese dos colaboradores e puxo de relevo que o éxito do Mes do Cocido se sustenta na aposta dos establecementos por elevar o Cocido de Lalín ás súa máximas cotas de calidade e prestixio. O concelleiro fixo fincapé no esforzo do Goberno por poñer en marcha un Mes do Cocido dotado cunha programación paralela que garante a afluencia de visitantes e o seu desfrute.
10/01/2018 O Concello de Lalín presentou unha actividade que pretende potenciar o ambiente na vila tras os actos centrais da Feira. O alcalde e o concelleiro de Turismo destacaron a calidade de Treixadura, “un grupo acorde á importancia da 50 edición da Feira, que representa os valores que neste festexo queremos simbolizar”.