Últimas novidades

8/01/2018 Os concelleiros de Medio Ambiente e Turismo, Celia Alonso e Francisco Vilariño, presentaron o pasado sábado no Pazo de Liñares a segunda edición da Mostra da Camelia de Lalín que vai ter lugar nesta casa señorial a próxima fin de semana. Os concelleiros explicaron que esta actividade chega á súa segunda edición co afán de consolidarse e que nesta ocasión vai contar con cerca duns 20 expositores chegados de diferentes puntos de Galicia.
5/01/2018 O Concello de Lalín presentou oficialmente a curtametraxe documental sobre os 50 anos da Feira do Cocido. Trátase dunha fantástica peza audiovisual que pasará a formar parte do material promocional da festa máis sobranceira dos lalinenses no ano no que cumpre medio século de vida. O acto de presentación tivo lugar na Biblioteca Municipal coa presenza do alcalde, Rafael Cuíña, o concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño, o tenente de alcalde, Nicolás González Casares, e o responsable da produtora que realizou o documental, Emilio Fernández.
3/01/2018 O presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes, será o pregoeiro da L Feira do Cocido de Lalín, que celebrará o seu día grande o vindeiro 4 de febreiro. Nunha edición na que este evento cumprirá o seu medio século de historia, o Goberno de Lalín decidiu apostar por un intelectual de recoñecido prestixio e dunha traxectoria literaria, cultural e xornalística que o sitúa á altura de Álvaro Cunqueiro, que foi o primeiro pregoeiro da Feira do Cocido.
29/12/2017 A concellería de Turismo e os restauradores mantiveron unha xuntanza para ir perfilando a segunda edición que gozará “dun importante salto cuantitativo e cualitativo”. A mellora da infraestrutura do evento, así como a incorporación de novas temáticas e participantes son algunhas das moitas novidades que se pretenden introducir.