Últimas novidades

2/10/2017 O concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño, presentou a nova iniciativa do Concello de Lalín coa que se quere poñer en valor unha ruta baseada nos castros. Esta proposta serviría para potenciar o rico patrimonio castrexo de Lalín mediante un percorrido visitable con varios puntos de interese. En concreto, a ruta incluirá o castro de Camposancos, o Pazo de Liñares, o Castro de Bendoiro, Castrodeza, o Castro de Donramiro e o de Doade.
28/9/2017 O concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño, presentou o 2º encontro de blogueiros de turismo que leva o nome de "Outono 2.0 en Lalín" que organiza o Concello de Lalín para difundir o municipio e os seus recursos e alcanzar a súa máxima promoción a nivel turístico en redes sociais e, especialmente, nas bitácoras dixitais de cada participante.
22/9/2017 O concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño, e o presidente da Asociación Galega de Autocaravanas (AGA), Manuel Fernández Arruti, anunciaron que Lalín vai acoller durante a ponte de outubro a asemblea anual da asociación, que congregará na vila a máis de 100 caravanas, coincidindo coa inauguración da área de estacionamento deste tipo de vehículos de ocio que está construíndo o Concello no Agro de Lalín de Arriba.
19/9/2017 Os traballos estarán rematados en menos dun mes e comprenden o acondiciononamento dunha parcela de 1.000 metros cadrados no Agro de Lalín de Arriba. Francisco Vilariño fixo fincapé en que esta iniciativa ten o obxectivo de “diversificar a oferta turística do noso concello”, tendo en conta o auxe no que se atopa o turismo de autocaravana. O edil considera que aumentará o número de visitantes a Lalín e, porén, isto repercutirá beneficiosamente no tecido económico local.