Últimas novidades

Onte presentouse no concello o espectáculo que vai ofrecer a cantante Uxía xunto coa Banda Xuvenil de Lalín, no Pazo de Liñares, o día 1 de setembro, ás 20.00 horas. Trátase dunha proposta artística que promete ser única e inesquecíbel e que nace coa idea de conxugar a voz dunha cantante tan recoñecida e de tanto nivel como Uxía Senlle, co talento local da Banda Xuvenil, nun espazo bucólico como é o patio interior do Pazo de Liñares.
7/08/2017 Onte presentouse no concello de Lalín a XVIII edición da Festa da malla tradicional de Doade, que acollerá esta parroquia no lugar de Codeseda o día 19 de agosto. Trátase dunha das recreacións desta actividade, consistente en separar o gran do trigo da palla, de máis prestixio de cantas se celebran en Galicia.
7/08/2017 Onte pola tarde finalizou o seminario de apicultura ecolóxica, turismo e patrimonio apícola que tivo lugar en Zobra durante esta e a pasada fin de semana. O concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño participou no acto de clausura e entrega dos correspondentes diplomas acreditativos aos asistentes.
01/08/2017 Onte pola mañá comezaron os preparativos no Museo etnográfico Casa do Patrón de Doade para a rodaxe da curtametraxe “Un ollo de vidro” dirixida pola viguesa de raíces lalinenses, Noela Gutiérrez. O concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño, desprazouse ao lugar no que hoxe se realizará parte da gravación para amosar persoalmente o seu apoio e o do Concello de Lalín á realización deste ambicioso proxecto audiovisual.