Últimas novidades

3/06/2017

O Concello de Lalín, a través da concellería de Turismo, vén de reeditar o mapa turístico estreado o ano pasado, sacando á luz unha tirada de 30 mil novos exemplares que, ademais, foron revisados e actualizados. Así o anunciou o concelleiro, Francisco Vilariño, que explicou que o enorme éxito desta publicación e a súa ampla difusión a través das estratexias municipais de turismo e a colaboración de establecementos e empresas, provocou que os 10 mil exemplares iniciais se esgotasen en poucos meses.

31/05/2017 Na mañá do martes achegáronse  ao concello 40 alumnos e alumnas do IES Xoán Montes de Lugo. Os estudantes visitaron Lalín e aproveitaron para coñecer o Castro Tecnolóxico a través dunha visita guiada polas súas diferentes partes.

30/05/2017

O día 5 de xuño terá lugar o Día Mundial do Medio Ambiente. O Concello de Lalín anticípase a esta celebración e organiza a segunda edición do Re-descubre Mouriscade, que vai acoller o vindeiro sábado 3 de xuño a área recreativa do lugar. Estades todos e todas convidadas a gozar desta xornada de convivencia, lecer e educación ambiental, que contará con numerosas actividades infantís.

27/05/2017

A nova publicación "Lalín, aberto a tí" editada pola concellería de Turismo, foi un dos contidos do programa "Coñecer Galicia" da Radio Galega deste sábado 27 de maio.