Últimas novidades

13/07/2017 Xa podedes descargar o cartel e a folla de inscrición do Seminario de apicultura ecolóxica, turismo e patrimonio apícola en Zobra. Esta iniciativa celebrarase en dúas fins de semana consecutivas: a do 29 e 30 de xullo e a do 5 e 6 de agosto.
13/07/2017 O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, e o concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño, mantiveron esta tarde unha reunión no consistorio con representantes do sector hostaleiro do municipio. Foi un encontro no que empezaron a recollerse as súas propostas e suxestións de cara a organización da Feira do Cocido do vindeiro ano 2018, unha edición na que este evento gastronómico cumprirá o seu medio século de historia e para cuxa organización o Goberno local busca a maior implicación social.
12/07/2017 Desenvolverase en Zobra as fins de semana do 29 e 30 de xullo e do 5 e o 6 de agosto. Vilariño salienta que iniciativa persegue “poñer en valor a enorme calidade dun produto que identifica ao noso concello, e que resulta unha carta de presentación perfecta de Lalín”. Trátase dun paso máis na aposta do Concello por “un modelo de turismo emerxente en Europa”.
10/07/2017 Xa está dispoñible na sección multimedia, no apartado de documentación dixital a nova publicación "Lalín, unha terra de castros". Para todas aquelas persoas que prefiren os arquivos dixitais poden acceder á descarga da nova publicación.