Últimas novidades

7/08/2017 Onte pola tarde finalizou o seminario de apicultura ecolóxica, turismo e patrimonio apícola que tivo lugar en Zobra durante esta e a pasada fin de semana. O concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño participou no acto de clausura e entrega dos correspondentes diplomas acreditativos aos asistentes.
01/08/2017 Onte pola mañá comezaron os preparativos no Museo etnográfico Casa do Patrón de Doade para a rodaxe da curtametraxe “Un ollo de vidro” dirixida pola viguesa de raíces lalinenses, Noela Gutiérrez. O concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño, desprazouse ao lugar no que hoxe se realizará parte da gravación para amosar persoalmente o seu apoio e o do Concello de Lalín á realización deste ambicioso proxecto audiovisual.
31/07/2017 Francisco Vilariño inaugurou na maña do sábado o seminario de apicultura ecolóxica, turismo e patrimonio apícola en Zobra, Lalín. Fíxoo expresando a súa “enorme satisfacción pola gran demanda e interese que suscitou esta iniciativa”, organizada dende a concellería de Turismo coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra dentro do Plan Concellos 2017, e que conseguiu atraer gran cantidade de xente e cubrir en pouco tempo as 30 prazas que ofertaba.
21/07/2017 Vilariño apunta que “dotarnos desta ferramenta útil e novidosa vainos facer chegar a milleiros de persoas viralizando contidos”. O edil de Turismo anuncia que o lenzo que empeza a debuxar esta primeira peza audiovisual -sobre espazos naturais- irase completando ao longo do ano con outras pezas temáticas sobre gastronomía, cultura, castros e centro urbano.