Últimas novidades

8/10/2018 O concelleiro de Turismo -acompañado da técnica do departamento, Nuria Álvarez- presentou a nova Ruta escultórica-monumental polo Concello de Lalín. Tal e como explicou Vilariño, esta nova iniciativa interactiva propón dúas posibles alternativas para realizar unha visita temática á enorme riqueza escultórica coa que conta Lalín, con máis de 30 esculturas que se reparten polo municipio, e de maneira especial polo casco urbano.
28/09/2018 Trátase da segunda guía da serie “percorridos” que ofrece unha ruta de 34 km en coche ou bicicleta con visitas a preto de 20 valores e puntos de interese. A publicación compleméntase cun soporte informático que lle permitirá ao turista realizar a ruta de maneira interactiva botando man de calquera dispositivo móbil. Francisco Vilariño destacou que “esta iniciativa ten a dobre vertente de buscar o movemento e o consumo interno por parte dos propios lalinenses e a de atraer visitantes de fóra, ampliando a oferta turística”.
18/09/2018 Son un 19% máis que os rexistradas no mesmo período do ano pasado. Francisco Vilariño ligou estas cifras “novamente tan positivas”, entre outros factores, “aos esforzos da concellería para poñer valor e dar a coñecer os camiños de Santiago que atravesan Lalín”.
17/09/2018 Cincuenta autores e autoras da literatura actual galega foron retratadas pola mirada singular do fotógrafo Anxo Cabada, que as reúne nunha mostra na que cada imaxe se acompaña dun texto literario da persoa fotografada. A exposición, que leva por título ‘O imaxinario do país. Letras de magnesio" forma parte da programación cultural do Ano da Lingua e poderá visitarse ata o 5 de outubro.