Últimas novidades

15/9/2017 Onte pola tarde presentouse a segunda cápsula audiovisual de turismo do Concello de Lalín coas que se está a promocionar o enorme potencial turístico de Lalín a través de diferentes plataformas, principalmente a través das redes sociais. Tras o lanzamento de “Lalín, un lenzo natural” veu a luz unha nova peza videográfica que neste caso se centra no potencial gastronómico do noso concello.
14/9/2017 Ambas iniciativas teñen a finalidade de promocionar e dar a coñecer a Feira para atraer turismo á vila. A curtametraxe documental será de gran calidade técnica e gráfica e realizará un repaso pola historia da Feira do Cocido e de Lalín. A exposición “50 anos de historia da Feira do Cocido” será levada a diferentes cidades e vilas, contando con numerosas imaxes de arquivo do festexo gastronómico. Francisco Vilariño sinalou que o Goberno leva tempo traballando en diferentes ideas e propostas coas que conformar un programa acorde ás esixencias da conmemoración dunha data tan sinalada.
12/9/2017 O receitario está sendo confeccionado coa colaboración da hostalería de Lalín e da Escola de Turismo e Hostalería Belarmino Fernández de Sober. Realizarase unha tirada de 25 mil exemplares “de moita calidade, tanto no referente a contidos como no seu deseño e maquetación”. Vilariño apuntou que a publicación nace “coa máxima ilusión e coa intención de que sirva para seguir impulsando o noso prato máis senlleiro e a nosa festa máis sobranceira”.
11/9/2017 A exposición sobre as árbores senlleiras inicia en Lalín o seu percorrido pola provincia da man da Deputación de Pontevedra. Con esta exposición estréase unha nova Sala de Exposicións do Pazo de Liñares co obxectivo de seguir construíndo un lugar de referencia ineludible a nivel turístico e cultural. ‘As nosas senlleiras’, que recolle 35 árbores catalogadas da provincia, poderá visitarse na capital do Deza desde o 15 de setembro ata o 1 de outubro.