MIRADOIRO DE PEDROSELO

Situado en Bustelos, parroquia de Vilatuxe, pode verse o curso do río Deza e súa a unión co rego de Grobas; a aldea de Porto Martín; as devesas de Ameixedo, Bustelos e Moa; tamén o Coto de Zobra, o monte Coco e os montes do Testeiro; asi como unha panorámica de Lalín.

Tomar a estrada de Vilatuxe a Bustelos. Na aldea de Bustelos ir a pé polo camiño de terra que parte dende a capela en dirección ó depósito da agua. O mirador atópase a 1.500 mts. de distancia da aldea.

Coordenadas: 42°34’50.99”N8°14’11.03”W

 

miradoiro pedroselo
Mapa