Re-Descubre Mouriscade celebra este sábado a súa segunda edición.

mouriscade

30/05/2017

O día 5 de xuño terá lugar o Día Mundial do Medio Ambiente. O Concello de Lalín anticípase a esta celebración e organiza a segunda edición do Re-descubre Mouriscade, que vai acoller o vindeiro sábado 3 de xuño a área recreativa do lugar. Estades todos e todas convidadas a gozar desta xornada de convivencia, lecer e educación ambiental, que contará con numerosas actividades infantís.

En xornada de mañá e tarde na área recreativa de Mouriscade terán lugar diversas actividades para nenas e nenos, obradoiros, xogos tradicionais, danzas, roteiro interpretativo da contorna, contacontos, unha chea de actividades para un día coa familia e as amizades.

Os que así o queiran poderán levar o xantar ou achegarse ao posto de polbo que alí se instalará para que a xornada continue ate o final do serán.