Cartel e folla de inscrición do Seminario de apicultura ecolóxica, turismo e patrimonio apícola en Zobra

Cartel Seminario apicultura ecolóxica

 

13/07/2017  Xa podedes descargar o cartel e a folla de inscrición do Seminario de apicultura ecolóxica, turismo e patrimonio apícola en Zobra. Esta iniciativa celebrarase en dúas fins de semana consecutivas: a do 29 e 30 de xullo e a do 5 e 6 de agosto. O seminario terá lugar no centro social de Zobra en horario de 10.30 a 13.30 e de 15.30 a 18.30 todos os días da súa celebración.

O seminario contará con tres bloques diferenciados: o primeiro estará referido á formación e aprendizaxe no manexo das abellas, Apis mellifera L., e das colmeas en produción ecolóxica, ademais dos requisitos legais para a certificación da devandita produción. O segundo estará relacionado co achegamento, identificación e orixes do patrimonio apícola dos montes de Zobra e da Serra do Candán, ademais de no deseño de propostas de promoción turística vinculadas ás explotacións apícolas, ao patrimonio e á paisaxe na que se asentan. O terceiro e último, de marcado carácter práctico, versará sobre as técnicas de manexo de colmeas e apiarios e o deseño de centros de extracción e envasado con certificación ecolóxica. Tamén tratará cuestións como a comunicación e deseño de itinerarios turísticos apícolas. 

 As inscricións pode realizarse presentando a folla de inscrición a través do enderezo de correo electrónico infoturismo@lalin.gal, na Sede Electrónica, no Rexistro Municipal  ou tamén chamando á oficina municipal de turismo 666 43 04 58 ou ao Concello de Lalín: 986 78 70 60

 

Cartel e folla de inscrición