Lalín e os seus atractivos turísticos protagonistas do Caderno de Verán que publica o semanario Sermos Galiza

Portada caderno de verán

 

14/07/2017 Os atractivos e potencialidades turísticas de Lalín protagonistas esta semana no Caderno de Verán que acompaña ao Sermos Galiza nas súas paxinas centrais. Unha publicación que se distribúe co semanario nas súas canles habituais de distribución e do mesmo xeito tamén se leva a cabo a distribución de 4.000 exemplares polos diversos establecementos comerciais e hostaleiros do pobo. 

Esta iniciativa enmárcase na estratexia global de promoción turística do municipio coa campaña "Lalín, un interior único", desde a cal se está a aproveitar e explotar as distintas canles de comunicación para promocionar e visualizar Lalín como destino turístico de primeiro orde.

Caderno de Verán (descarga)