Éxito rotundo de Uxía e a Banda Xuvenil de Lalín no Pazo de Liñares

concerto uxia

 

4/09/2017 Momentos máxicos os que se viviron na tarde-noite do venres co concerto de Uxía e a Banda Xuvenil de Lalín no Pazo de Liñares. Unha actividade que viña da man do Deputación de Pontevedra, concretamente do Departamento de Cultura con Xosé Leal como máximo responsable do mesmo. Os xardíns de Liñares estaban cheos de público que gozaron dos sons que envolveron un entorno privilexiado como é Pazo de Liñares. O concelleiro de Turismo, Paco Vilariño, amosaba a súa satisfacción pola gran acollida de público que asistíu ao concerto, e do mesmo xeito agradecía as horas de ensaio adicadas nas últimas semanas pola Banda Xuvenil e Uxía, e do compromiso do deputado provincial Xosé Leal para que este concerto se levase a cabo. Moitos dos asistentes aproveitaron os momentos previos do concerto para visitar o Pazo de Liñares e ver todos contidos que enchen as diferentes salas.