“Lalín, o lenzo dunha vila” a nova cápsula audiovisual de promoción turística.

PRESNETACION TERCEIRA CAPSULA AUDIOVISUAL

 

27/10/2017 Na tarde de onte presentouse na sala de proxeccións da Biblioteca Municipal a 3ª das 5 cápsulas audiovisuais promocionais de Lalín. Tras o lanzamento de “Lalín, un lenzo natural” e “Lalín, un lenzo sabor”, hoxe veu a luz unha nova peza videográfica que neste caso se centra no potencial turístico da vila de Lalín como espazo urbano atractivo e acolledor, baixo o título de “Lalín, o lenzo dunha vila”. Na presentación da peza -especialmente pensada para mover a través da redes sociais- participaron o concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño, e o membro da produtora Arthur Gordon, Emilio Fernández.

O edil fixo fincapé na funcionalidade destas cápsulas como ferramenta novidosa e útil, sobre todo, polo impacto que alcanzan e á grande cantidade de xente á que chegan, de tal xeito que se está comprobando que este tipo de estratexia promocional está alcanzando “un rendemento máis elevado do que incluso se pensaba á hora do seu lanzamento”.

A actual proposta baséase na idea que o actual Goberno local ten do casco urabano, “un casco urbano para a xente, onde as persoas son as protagonistas, por enriba do ladrillo”. “Neste védeo” -comenta Vilariño- “queremos transmitir que contamos cunha vila atractiva e completamente integrada coa natureza, onde se nos ofertan cantidade de opcións; como pasear polo Pontiñas, visitar as zonas peonís, ou o lecer a través da hostalería e do potentísimo comercio local, que nesta cápsula queixemos destacar especialmente”. Con esta emisión xa se publicou máis do 50% do “lenzo” de pezas postas en marcha pola concellería de Turismo, para difundir os encantos do municipio. Tras a natureza e a gastronomía, ponse en valor unha vila e as súas xentes nun documento audiovisual vivo, que transmite positividade e lle fai vivir ao espectador a comodidade dun espazo urbano cheo de xente acolledora.

Vilariño agarda que a secuencia alcance, canto menos, o éxito das anteriores e agradece o grande esforzo dos creadores dun vídeo moi traballado “e que vai na liña do que dende esta concellería queremos facer no tocante a estratexias promocionais”. O vídeo pasará a formar parte do material turístico empregado pola concellería.

 

LALÍN, O LENZO DUNHA VILA

portada video