A "mámoa da Cruz" e o "Altar do Sol" xuntaron a numerosos asistentes na charla divulgativa organizada polo concello.

Charla Alperiz

 

18/12/2017 Foi numeroso o público o que onte se achegou ata o centro social de Alperiz para asistir á charla impartida pola arqueóloga Mª José Bóveda sobre o conxunto megálitico que se atopa na parroquia. O concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño, amosou a súa satisfación pola gran acollida desta iniciativa onde unha bo numero de persoas se citaron para participar dunha acción para a posta en valor do noso patrimonio.

Unha acción divulgatica que contaba con dúas partes, unha primeira que consistíu nunha presentación no local social sobre a historia do conxunto das Mámoas da Cruz e do Altar dol Sol, e logo unha segunda parte de visita con explicacións "in situ" onde se atopan os conxuntos megalíticos.

A arqueóloga fixo un percorrido cronolóxico desde a orixe do megalitismo ata concretar posteriormente no conxunto da Mámoa da Cruz onde indicou que está documentada cun bo estado de conservación ate mediados do S. XX, e que foi polos anos setenta do século pasado cando se constata o deterioro do conxunto asociado ás obras de construcción da estrada que a piques estivo de destrozalo por completo. Unha das cuestións máis chamativas son os gravados serpertiformes que se atopan no ortostato que se conserva enteiro, dito ortostato indica que a altura estimado do conxunto rondaría os 2,30 metros.Supónse que posiblemente por debaixo da estrada poidan existir soterrados gran parte dos elementos que lle faltan á mamoa.

Tamén destacou a arqueóloga na súa disertación, que na intervención arqueolóxica levada a cabo no 2016 se atopou no perímetro exterior en bó estado de conservación unha peza cerámica, así como que unha das pedras que están apoiadas nos ortostatos non forma parte do mesmo senón que polo seu menor tamaño posiblemente forme parte doutra zona adxacente á mamoa.

Xa na visita a pé de campo atendeu e respostou a todo tipo de preguntas e dúbidas realizadas polos asisitentes. Nas explicacións sobre o Altar do Sol afirmou case con total seguridade que logo dun traballo recente de recreación tridimensional das pedras que forman parte do valado do terreo lindante algún destes elementos son de seguro parte da mámoa xa que as zonas de rotura encaixan á perfección coas pezas que forman parte do Altar do Sol.