"Os acústicos de Liñares" recibiron o apoio do público no día de Nadal.

concertos acusticos de liñares

 

28/12/2017 Boa acollida de "Os acústicos de Liñares" na súa primeira edición. Un concerto en acústico no que participaron tres agrupacións locais: As mozas do arrabal, NÓS e Atmósfera Zero. Numeroso público achegouse na tarde de Nadal para desfrutar da actuación desta tres formacións locais.  Unha nova actividade que busca poñer en valor unha xoia como é o Pazo de Liñares, procurando facer desta casa monumental un colector de actividades e un espazo cheo de contidos.

O concelleiro de Turismo amosou a súa satisfacción pola boa afluencia de público ao concerto, e lembra que ao longo do ano xa se viñeron desenvolvendo no Pazo numerosas iniciativas de carácter cultural e turístico, así como outras actuacións de mellora do edificio e do seu entorno, co obxectivo de facer do Pazo de Liñares un dos máximos referentes á hora de atraer visitantes a Lalín.