Presentouse a 3ª edición do Cocido Miúdo

presentacion cocido miudo

 

19/01/2018 Presentouse no Concello de Lalín a 3ª edición do Cocido Miúdo, un proxecto que comezou no 2015 e que está pensado para a diversión e o entretemento de público familiar, dentro das actividades programadas ao redor da Feira do Cocido. Vaise celebrar o día 28 de xaneiro pola tarde na CARPA MAHOU do Campo de Feira. Trátase dun espectáculo fundamentalmente musical, tal e como explicou a concelleira de Cultura, Lara Rodríguez, que contará cos artistas Paco Nogueiras (16.30 horas), María Fumaça (17.00 horas), e a actuación da Pequena Grande Orquestra (18.00 horas). Ademais, de 16.30 a 19.00 terán lugar obradoiros organizados por Castrodeza, o Espazo de Xogo e o Espazo Terra. O proxecto tamén nace coa filosofía de encher unha tarde previa a Feira do Cocido con multitude de actividades para os máis cativos, Lara Rodríguez convidou a toda a cidadanía a acudir a esta actividade e agradeceu á empresa Urdime o seu traballo e a súa aposta polo cocido Miúdo.

Pola súa banda, o alcalde, Rafael Cuíña, explicou que para o Concello de Lalín é un auténtico orgullo poder desenvolver esta iniciativa e agradeceu a colaboración para a súa organización dos patrocinadores ABANCA e CORETI.

Acompañaron ao alcalde e á concelleira de Cultura, os artistas Paco Nogueira, Uxía Senlle, e Xaime López.