A Oficina de Turismo de Lalín recibe o distintivo de Calidade Turística SICTED 2018-2019

colacion distintivo de calidade SICTED

 

19/04/2018 O concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño, colgou onte na Oficina de Turismo a placa e o distintivo que recoñecen o selo de calidade SIDTEC para o ano 2018 e ata que se renove en 2019”. Trátase do distintivo de calidade turística que outorga o Instituto de Turismo da FEMP e que recoñece as boas prácticas e o esforzo na atención ao cidadán que se presta na Oficina de Turismo e que ano tras ano se revisa cunha intensa auditoría coa que se pretende garantir a calidade de asistencia aos visitantes.

O edil agradeceu o “esforzo do grupo de técnicos de Turismo, que son os que ano tras ano conseguen que se superen os controis e se renove este selo que garante que na instalación se ofrecen uns servizos da máxima calidade”. En palabras de Francisco Vilariño “ofrecer unha atención boa e personalizada, así como contar con material divulgativo e informativo adecuado son factores clave para obter este tipo de recoñecemento, pero tamén para que veñan visitantes a Lalín e desfruten ao máximo dos nosos recursos naturais, culturais ou gastronómicos”. O concelleiro destacou que a oficina lalinense é a única do interior da provincia de Pontevedra que conta co distintivo SIDTEC.