Visita ao concello de 50 maiores procedentes de San Sebastian de los Reyes

Grupo visitantes San Sebastian de los Reyes

 

21/05/2018 O concello de Lalín recibiu na tarde de onte a visita dun numeroso grupo de persoas procedentes da comunidade de Madrid. Concretamente, foron 50 persoas da Asociación de Xubilados de San Sebastián de los Reyes as que recalaron na capital do Deza, previamente a dar inicio a un percorrido de varias etapas pola Vía da Prata.

Os turistas foron recibidos polo concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño, quen lles dou a benvida a Lalín e os animou a desfrutar dos importantes recursos turísticos presentes no municipio. Entre eles atópase o propio Castro Tecnolóxico obra dos arquitectos de Mansilla e Tuñón, que puideron coñecer de primeira man guiados por un técnico municipal. O percorrido polo edificio consistorial comezou no vestíbulo e rematou na terraza superior, pasando antes por outros espazos significativos como o salón de plenos e a sala de xuntas. Destacar que algúns deles xa visitaran Lalín e o propio edificio noutras ocasións, motivo polo que non quixeron perder a oportunidade de gozar novamente dos atractivos deste municipio.

Francisco Vilariño explicou que a chegada de importantes grupos de visitantes a Lalín como o de hoxe son o resultado dos esforzos sen precedentes postos en marcha dende a concellería para promocionar o concello e fomentar a atracción turística conseguindo, porén, un importante retorno económico para a sociedade lalinense.