O Concello de Lalín está presente en Turexpo dentro da 41 edición da Semana Verde

turexpo 2018

 

8/06/2018 Un ano máis o Concello de Lalín, a través da concellería de Turismo, e no marco das medidas activas a prol da promoción turística do municipio, está presente na 41 edición Semana Verde de Galicia cun stand de información e difusión turística, na sección de Turexpo, no pavillón 2 do recinto feiral.

O stand turístico do Concello contén gran cantidade de material promocional e divulgativo dos moitos recursos turísticos do concello. Entre este material, atópanse todas as publicacións creadas pola concellería de Turismo, así como todo tipo de documentación con información referida a Lalín. Do mesmo xeito tamén se complementa cos videos promocionais elaborados para promocionar os espazos naturais, a gastronomía, ou a cultura entre outros. As persoas que se acheguen ao posto tamén poderán contemplar dous dos elementos máis representativos de Lalín e da súa festa gastronómica máis sobranceira, como son os porquiños do Cocido.

Como explicou o edil de Turismo, Francisco Vilariño, que estivo presente na apertura da caseta, as persoas que estes días se acheguen ao posto poderán obter información e asesoramento de primeira man sobre os espazos do concello que contan cun maior interese ou valor para seren visitados.