Lalín estrea o ceo de paraugas de cores na rúa Colon como reclamo para incentivar o turismo e potenciar a actividade comercial e hostaleira

rua colon ceo de paraugas

 

20/08/2018 O concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño, participou este sábado na apertura da rúa Colón tras a colocación dun “ceo” de paraugas de cores que busca converter esta zona urbana nun novo atractivo turístico, ao tempo que se potencia a actividade comercial e hostaleira. O edil amosou a súa satisfacción coa montaxe, que tamén incluíu a colocación de tres bancos multicor no treito. Vilariño apuntou que a idea non é nova, “aínda que si que o é a súa implantación en Lalín como novo atractivo indiscutible para o turismo que, para este Concello significa xerar riqueza”. A estrutura permanecerá, polo menos, ata pasadas as festas patronais das Dores. Tras a súa estrea a rúa converteuse nun reclamo incuestionable e foi fotografada e compartida en redes sociais por centos de veciños e turistas.