"Eladio y los seres queridos" brillan na noite do Pazo de Liñares

Concerto Eladio y los seres queridos

 

10/09/2018 Espectacular o concerto ofrecido na noite do pasado venres polo grupo vigués "Eladio y los seres queridos" no Pazo de Liñares. Un espazo incomparable para un concerto que foi único. A noite caeu suavemente sobre o xardín do Pazo de Liñares o que fixo que numeroso público se achegase ata Liñares para gozar dun momento musical para o recordo. Durante máis de hora e media foron moitos os temas interpretados pola agrupación musical que en complicidade co público asistente fixeron que se vivira unha noite musical máxica. 

O concerto foi unha iniciativa que como indica o  concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño se enmarca dentro das actividades de promoción e difusión "dun dos nosos edificios máis emblemáticos e un dos nosos grandes atractivos turísticos".  Tamén agradeceu a receptividade e boa disposición de "Eladio y los seres queridos" a colaborar co Concello nunha proposta que, sen lugar a dúbidas, foi un éxito dende todas as perspectivas.