Inaugúrase a mostra "O imaxinario do país" de Anxo Cabada no Pazo de Liñares

inauguración exposición imaxinario

 

17/09/2018 Cincuenta autores e autoras da literatura actual galega foron retratadas pola mirada singular do fotógrafo Anxo Cabada, que as reúne nunha mostra na que cada imaxe se acompaña dun texto literario da persoa fotografada. A exposición, que leva por título  ‘O imaxinario do país. Letras de magnesio". Retratos fotográficos e autorretratos literarios de escritores e escritoras’, forma parte da programación cultural do Ano da Lingua e permanecerá no Pazo de Liñares ata o 5 de outubro. O acto de apertura contou coa participación de tres das autoras que aparecen na mostra, Chus Pato e Rosalía Fernández Rial, e María Queixas así como coa do deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, do concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño, e do fotógrafo e autor das fotos, Anxo Cabada. 

Francisco Vilariño salientou a importancia deste tipo de iniciativas, que permiten avanzar nun obxectivo fundamental para a concellería: “potenciar con diferentes iniciativas esta xoia turística de Lalín, dotándoa de contidos durante todo o ano e mediante importantes iniciativas como esta para convertelo nun verdadeiro polo de atracción de visitantes”.