"LALÍN SABE", A NOVA CAMPAÑA DE PROMOCIÓN PROTAGONIZADA POR LUIS ZAHERA

LALÍN SABE

A Nova Campaña  de promoción dos excelentes produtos agroalimentarios que temos en Lalín protagonizada por Luis Zahera ao abeiro da marca “Lalín Sabe” sen dúbida está sendo un éxito.

Sempre é momento de apostar polos nosos produtos, polo noso comercio e hostalería, pero agora aínda máis.

Esta campaña pon especial atención no turismo interno. Na situación na que estamos a vivir, visitar Lalín é unha aposta segura e de calidade, pois tal e como nos di Luis: "temos o mellorciño a carón da casa e sempre para o lonxe, sempre para o lonxe..." Con esta nova campaña queda de manifesto que en Lalín temos para todos os gustos: arqueoloxía, natureza, arquitectura, gastronomía... Lalín Sabe!

https://www.youtube.com/watch?v=U4EotFeadmU