O CONCELLO PUBLICA FOLLETOS COAS RUTAS DE SENDEIRISMO DE ROTEIROS DE LALÍN

Roteiros de Lalín

O  Concello en colaboración con Roteiros de Lalín está editando e publicando folletos das rutas de sendeirismo que percorren o noso territorio. O obxectivo é acadar máis difusión e poñer en valor esta riqueza paisaxística, etnográfica, patrimonial e deportiva que posuímos. Lalín estase a converter nun referente na comunidade neste sector gracias ao traballo que se está a realizar.

Ata o momento están publicados cinco exemplares, con vistas a seguir con novas rutas. Ao mesmo tempo estanse levando a cabo labores de limpeza dos camiños e revisión da sinalización.

Os exemplares están a disposición de todos e todas na Oficina de Turismo e no Castro Tecnolóxico de momento, en breve poderanse descargar na páxina web.