Xardíns e áreas de lecer

A tan só 700 metros do quilómetro cero atopamos este espazo verde no que carballos e castiñeiros, dúas das especies máis representativas de Galicia, conviven de maneira ordenada.

Cun percorrido aproximado de 5 quilómetros lineais,vai bordeando o regato Pontiñas dende o entorno do Auditorio Municipal, no casco urbano, ata O Espiño, ou viceversa.

Pode facerse tanto a pé como en bicicleta dispondo de carrís diferenciados para cada unha das actividades. Ao longo do percorrido atopámonos con varios muíños, carballeiras, parques, pontes, sendo un lugar moi frecuentado polos veciños de Lalín.

A 24 km do centro da vila de Lalín e a 5 km de Zobra.

Moi preto da aldea de A Trigueira que foi antano lugar de importancia gracias as minas de estaño existentes na zona, atópase esta área de lecer que ademais de mesas e bancos de madeira á sombra dos carballos e lugar no río onde bañarse, ten un singular acceso por unha ponte de lousas.

Coordenadas: 42º33'38.8''N 8º13'52.0''W

 

Situada na parroquia de Vilanova, a 7 quilómetros do casco urbano de Lalín,

Á beira do río Asneiro, do que collía auga en tempos o muíño que aquí se conserva, é o lugar perfecto para pasar un día en familia ou con amigos, conta cunha grella, mesas e bancos de pedra onde poder desfrutar dunha agradable comida.

Parten dende aquí dous sendeiros,

A 7,5 km  da vila de Lalín.

Nesta área recreativa atopamos dous muiños de auga restaurados e en funcionamento, ademais das habituais mesas e bancos, neste caso de pedra. Situado moi preto da aldea de Codeseda onde podemos disfrutar tamén do Museo Etnográfico “Casa do Patrón” e do castro de O Penedo.

42°36'39.2"N 8°08'01.8"W

 

No centro da vila e detrás da estatua que rinde homenaxe ao fillo ilustre de Lalín que lle da nome, quen fixo o vó de proba do autoxiro de Juan de La Cierva,  o raid Madrid – Manila en 1926, en 38 días e foi o primeiro en aterrar cun avión en Galicia, en terras de Lalín en 1927.

Entorno axardinado, no que ademais se poden contemplar varias esculturas relacionadas coa música. Especialmente curiosa é a que representa  unha orquesta na que os músicos son diferentes tipos de árbores e arbustos.

Situada na parroquia de Vilatuxe, a 12 quilómetros do casco urbano de Lalín. Chégase a ela pola estrada PO-534.