Miradoiros

Situado no lugar de Portela, parroquia de Zobra, dende este miradoiro pódese apreciar uhna panorámica das devesas de Bustelos e do río Zobra, así como os montes Castelón, O Coco e alto de San Bieito.
Situado en A Trigueira, parroquia de Zobra  dende el poden verse as casas de A Cabana, A Trigueira e Porto Martín. Os montes A Corza, O Coco, O Penón e os bancáis para cultivo da Trigueira.
Situado en Bustelos, parroquia de Vilatuxe, dende el pode verse o curso do río Deza e a súa unión co rego de Grobas. A aldea de Porto Martín. As devesas de Ameixedo, Bustelos e Moa. Tamén o Coto de Zobra, o monte Coco e os montes do Testeiro. Asi como unha panorámica de Lalín.

Situado no alto de San Bieito, o punto máis elevado do municipio de Lalín e tamén da Serra do Candán cunha altitude de 1015 metros.

Situado na parroquia de Zobra, presentanos unha panorámica das devesas de Bustelos e do río Zobra, o monte Castelón,  o monte Coco, e o alto de San Bieito. A aldea de Moa e as devesas.

Dende aquí podemos observar o Val do Deza e Trasdeza. As vilas de Lalín e Vila de Cruces, a Serra do Candán, a Serra do Farelo e a Serra do Faro.