Imprescindibles

Segundo o catálogo arqueolóxico do concello de Lalín do ano 1999, estas mámoas formaban parte dun conxunto de sete, coñecido como Mámoas da Cruz, das que na actualidade só se conservan tres. Que se corresponderían cos números 1, 6 e 7 do mapa.

Existen duas mámoas máis situadas na coñecida como Zarra do Canal que tamén se conservan.

Situada na parroquia de Vilanova, a 7 quilómetros do casco urbano de Lalín,

Á beira do río Asneiro, do que collía auga en tempos o muíño que aquí se conserva, é o lugar perfecto para pasar un día en familia ou con amigos, conta cunha grella, mesas e bancos de pedra onde poder desfrutar dunha agradable comida.

Parten dende aquí dous sendeiros,

Edificio vangardista construído polos arquitectos Luís M. Mansilla e Emilio Tuñón, gañadores, no ano 2007, do premio de arquitectura contemporánea Mies Van der Rohe , concedido pola Unión Europea.

Foi inaugurado o 20 de setembro do 2013, nese mesmo ano, o edificio consigue colocarse entre os premiados na  XII Bienal de Arquitectura y Urbanismo de España, na sección adicada a símbolos cívicos.

Data: Domingo anterior ao domingo de entroido

Lugar: Lalín

Descrición: Festa de Interese turístico Nacional dende 2010.

Declarada Monumento Natural, un dos sete existentes en Galicia, esta fraga de 45.185 metros cadrados de superficie, conta con excepcionais exemplares de carballos e castiñeiros, algúns destes últimos acadan os 30 metros de altura e 5 metros e medio de  perímetro, estando considerados como os de maior taxa de medranza anual de Europa.

Autor: Francisco Asorey

Ano: 1933

Materiais: Bronce e granito

Autor: Manolo Rial

Ano: 2001

Materiais: Bronce

A “Casa do Patrón” é un museo etnográfico no rural, con máis de 2.000 metros cadrados de exposición distribuídos en tres edificios, onde se expoñen máis de 4.000 pezas recollidas por toda a xeografía galega. Pequenos apeiros dunha gran historia , auténticos símbolos da Galicia dos últimos tres séculos.

O Museo dispón de 13 salas de exposicións organizadas por temáticas, onde se pode observar unha antiga escola, unha taberna, un forno, unha forxa tradicional, entre outros oficios esquecidos, así como elementos cotiáns que conformaron os hábitos de vida dos nosos devanceiros.

Esta casa de finais do século XIX foi a residencia do astrónomo Ramón Mª Aller Ulloa, nacido no pazo de Filgueiroa (Lalín) en 1878. Nela, a comezos do século XX, pódese dicir que empezou a investigación astronómica en Galicia, xa que dende a galería, Ramón Aller fixo as primeiras observacións sobre pasos de Mercurio por diante do Sol, eclipses, ocultacións, medidas de estrelas dobres ou aspectos de planetas. Posteriomente construiu dúas casetas de madeira no xardín (1912-1917) para levar a cabo estas tarefas.

Pazo de estilo barroco do século XVII. Foi casa dos Taboada, unha das linaxes mais importantes de Galicia.

Esta zona declarada LIC (Lugar de Interese Comunitario) de 10.699 hectáreas, compartidas cos municipios de Beariz, Forcarei, O Irixo e Silleda comprende no concello de Lalín parte da parroquia de Vilatuxe e a totalidade da de Zobra.

Zona declarada LIC (Lugar de Interese Comunitario) de 1.124 hectáreas, compartidas cos municipios de Agolada e Vila de Cruces, comprende no concello de Lalín parte das parroquias de A Veiga, Cadrón, Galegos, Muimenta, Parada e Rodís. Exténdese polas ladeiras do treito medio e inferior do val do río Arnego ata a súa desembocadura no encoro de Portodemouros, no río Ulla.