Igrexas

Igrexa orixinaria de mediados do s. XII, conserva daquela época: portada con arquivoltas de arco de medio punto sobre columnas acaroadas, a parte superior da entrada leva uns saíntes a modo de ménsulas que sosteñen o tímpano sen decoración. A cornixa amosa canzorros con motivos xeométricos, un deles coa figura dun rostro humano, todo ao redor do beirado do tellado, seteiras e no interior arco triunfal e outros elementos.

Destaca pola abundancia e pureza dos seus elementos románicos do século XII. A ábsida rectangular, presidida polo Agnus-Dei, conserva canzorros e ventá de unha arquivolta sobre columnas acaroadas de capiteis con follas, fustes lisos e bases decoradas con garras, cunha seteira no centro. Portada lateral dunha arquivolta, sobre columnas con capiteis piramidais, decorados con trazos que forman rombos e ángulos, tamén follas redondas. O tímpano está adornado con dúas filas de círculos de cinco radios.

Conserva da súa primitiva fábrica parte dos muros laterais. Neles pódense apreciar métopas decoradas con estrelas de oito puntas ou con flores de pétalos redondos e botón central, así como canzorros con forma de follas, personaxes sentados, aves e cabezas de animais.

Igrexa feita con pedras irregulares. Posúe unha ábsida semicircular precedida dun pequeno tramo recto do século XII. Dividida en tres partes por dúas columnas que chegan ata a cornixa, e que posúen capiteis e bases con escasa decoración. Na parte central pódese apreciar unha singular ventá seteira cegada, rodeada por un arco formado por cinco lóbulos, apoiado sobre pequenas columnas con capiteis de grandes follas, fustes e bases lisos. A cornixa está decorada con bolas e sostida por canzorros con forma de proa.

A data de construción da igrexa é 1179, segundo a inscrición que se pode ver na porta occidental  “ERA: MPC:XVII” que Bango Torviso le como “Era milésima, centésima séptima décima”. Dita porta occidental, posúe unha arquivolta lisa que descansa en duas columas coas bases enterradas, o mais intersante dela  é o tímpano dunha soa peza facendo lintel e con dous lóbulos na parte inferior, sobre os que está a  mencionada inscrición.

Conserva da súa fábrica románica a portada e no interior o arco triunfal sobre columnas con capiteis con grandes follas, nun deles apreciase unha curuxa de longa lingua e no outro un persoaxe que sostén un libro na man esquerda.

 

Como chegar:

Conta cunha ábsida rectangular románica de perpiaños de granito, cunha saeteira cegada no testeiro.

No interior conserva o arco triunfal de medio punto sobre dúas columnas con sendos capiteis lisos, aínda que parecen ter sido limpados por unha posible ornamentación obscena. 

A súa fábrica primitiva é da primeira metade do século XII, aínda que foi reformada en 1654. Conserva da época románica parte da nave e a totalidade da fachada. A porta principal posúe dobre arquivolta sustentada por dous pares de columnas acaroadas moi curiosas por ter a modo de capiteis as bases invertidas de outras columnas. Unha ventá seteira , un campanario de dous arcos que soportan un frontón triangular cun óculo central e coroando o conxunto unha cruz celta.

 

A súa primitiva igrexa foi substituída no século XVIII polo actual templo, de estilo barroco, mandado construír  no ano 1731, por  Cayetano Gil Taboada, cumprindo o mandato testamentario do seu tío Felipe Antonio Gil Taboada, nacido no Pazo de Bergazos, gobernador real con Felipe V, ademais de Bispo de Osma e Arcebispo de Sevilla . A execución estivo a cargo de mestres do barroco compostelán. O campanario está dividido en dous pisos, o inferior cadrado e o superior octogonal rematado en cúpula.

A igrexa é unha xoia románica do século XII. Conserva desta época varios elementos. A portada principal composta por tres arcos os laterais cegos e o central abucinado con duas arquivotas de medio punto que descansan sobre columnas acaroadas con capiteis de grandes follas coas puntas dobladas formando volutas.

Houbo neste lugar un mosteiro fundado no século X, era un mostiero mixto aínda que con dous edifcios separados pola  igrexa. O mosteiro  desapareceu como tal no século XIV, quedando a igrexa. 

A igrexa actual foi fundada na segunda metade do século XII. Da súa fábrica románica conserva a ábsida, unha das mais belas da comarca, de forma pentagonal con columnas arrimadas nos ángulos e ventás   dunha arquivolta sobre columnas, con seteira central. A arquivolta das ventás laterais está formada por seis pequenos arquiños, a da central é lisa. As columnas que as sustentan teñen todas capiteis decorados.