Igrexas

Igrexa orixinaria de mediados do s. XII. Conserva desta época a portada con arquivoltas de arco de medio punto sobre columnas acaroadas, na parte superior da entrada leva uns saíntes a modo de ménsulas que sosteñen o tímpano sen decoración. A cornixa, tamén románica, amosa canzorros con motivos xeométricos, un deles coa figura dun rostro humano.

Destaca pola abundancia e pureza dos seus elementos románicos do século XII. A ábsida rectangular, presidida polo Agnus-Dei, conserva canzorros e ventá de unha arquivolta sobre columnas acaroadas de capiteis con follas, fustes lisos e bases decoradas con garras, cunha seteira no centro.

Aparece mencionada a parroquia de Bermés nos documentos do bispo Odoario no s. VIII. A igrexa primitiva foi substituída no s. XII. por outra de feitura románica. No seu entorno atopáronse varias estelas funerarias romanas dos s. I-III.

Igrexa feita con pedras irregulares. Posúe unha ábsida semicircular precedida dun pequeno tramo recto do século XII. Dividida en tres partes por dúas columnas que chegan ata a cornixa, e que posúen capiteis e bases con escasa decoración.

A data de construción da igrexa é 1159, segundo a inscrición que se pode ver na porta occidental; dita porta occidental posúe unha arquivolta lisa que descansa en dúas columas coas bases enterradas, alberga un tímpano dunha soa peza facendo lintel e con dous lóbulos na parte inferior, sobre os que está a  mencionada inscrición.

Aparece mencionada en documentos relacionados co mosteiro de Oseira a partir de 1210. Da súa fábrica románica conserva o arco triunfal que descansa sobre columnas con capiteis decoradas con grandes follas, nun deles apreciase unha curuxa de longa lingua e no outro un personaxe que sostén un libro na man esquerda e en actitude de bendicir coa dereita.

Conta cunha ábsida rectangular románica de perpiaños de granito, cunha saeteira cegada no testeiro.

A súa fábrica primitiva é da primeira metade do século XII. Reformada en 1654, conserva da época románica parte da nave e a totalidade da fachada.

A igrexa é unha xoia románica do século XII e conserva desta época varios elementos. A portada principal está composta por tres arcos, os laterais son cegos e o central abucinado con dúas arquivoltas de medio punto que descansan sobre columnas acaroadas con capiteis de grandes follas coas puntas dobladas formando volutas.

Houbo neste lugar un mosteiro fundado no século X, era un mostiero mixto aínda que con dous edifcios separados pola  igrexa. O mosteiro  desapareceu como tal no século XIV, quedando a igrexa. 

Segundo consta na inscrición situada nun contraforte, esta igrexa comezou a construírse no ano 1165. Foi reformada ó longo dos séculos e posúe unha fachada neoclásica.