Igrexas

Igrexa de estilo neoclásico. A súa curiosa construción aparenta ter dúas fachadas. Foi construída ó longo do século XVIII sobre o solar da antiga capela das Aparicións. A sancristía, a capela maior e o camarín da Virxe foron construídos en 1746, a cúpula en 1768 e as capelas laterais en 1790.

A igrexa conserva da súa fábrica románica do século XII, a cabeceira rectangular cuberta con bóveda de canón feita con pedras irregulares, cun arco triunfal e un arco faixón, ambos sustentados por columnas  con capiteis de gran tamaño decorados con follas.

Igrexa protorrománica, polo tanto a máis antiga que se conserva no municipio. Ten planta de unha soa nave e ábsida rectangular. É unha construción que describe claramente un templo do románico rural.

Aínda que moi reformada conserva diversos elementos da súa fábrica románica de finais do século XII. A  cornixa que descansa sobre canzorros con figuras variadas, felinos, coellos, mostruos, parella de vellos, un músico tocando a viola...

É unha das xoias románicas do municipio. Posúe a súa fábrica orixinal case intacta. A portada occidental dunha arquivolta sustentada por columnas acaroadas, con bases e fustes lisos e capiteis decorados con cunchas. Sobre a porta unha seteira. Rematando o conxunto unha espadana barroca.

Chama a atención a fachada barroca con balustrada e pináculos na parte superior, e o campanario con dous arcos tamén rematado en pináculos. No interior consérvase un anaco de baldaquino renacentista policromado. 

 

No exterior chama a atención a portada rematada por un impoñente campanario, pero o verdadeiramente interesante está no interior, onde se poden apreciar bóvedas de crucería e arcos conopeos que datan a igrexa no gótico tardío.

 

Conserva de época románica a fachada, de pedras moi irregulares e os muros laterais.

A fábrica orixinal procede do século XII. Consérvase moi ben. Posúe unha única nave á cal se lle arrima un corpo cun gran volume central. Está revocada salvo as esquinas e a fachada principal. Destaca da súa fachada o seu óculo e o seu campanario dun único arco rematado con pináculos.