Que ver

Autor: O Vila (Luís Ferreiro)

Ano: 2009

Igrexa feita con pedras irregulares. Posúe unha ábsida semicircular precedida dun pequeno tramo recto do século XII. Dividida en tres partes por dúas columnas que chegan ata a cornixa, e que posúen capiteis e bases con escasa decoración.

A data de construción da igrexa é 1179, segundo a inscrición que se pode ver na porta occidental  “ERA: MPC:XVII” que Bango Torviso le como “Era milésima, centésima séptima décima”.

O carballo é a árbore máis representativa de Galicia. A  dura madeira do carballo foi empregada para a construción de barcos e dise que para facer a frota da  Armada Invencible foron cortadas grandes extensións de carballeiras.

Nos anos 2007 e 2008 con motivo das obras do tren de alta velocidade leváronse a cabo algunhas intervencións arqueolóxicas nas que se atoparon arredor de 30.000 fragmentos e obxetos a maioría de cerámica, muiños de man, instrumentos para machacar e tamén obxetos de adorno persoal de ouro e de bronce.

Conserva da súa fábrica románica a portada e no interior o arco triunfal sobre columnas con capiteis con grandes follas, nun deles apreciase unha curuxa de longa lingua e no outro un persoaxe que sostén un libro na man esquerda.

 

O Castro de Doade ou “Castro do Penedo”, é popularmente coñecido como a “Aurelado Castro”, estando situado no extremo setentrional dunha loma, cerca da rotura da pendentecara o Val do río Asneiro, a 100 m. do lugar de O Penedo e Taín, e a 200 m. da aldea deCodeseda, parroquia de Doade, a 300 m do Museo Casa do Patrón, e a 60 m. da ruta do Museoda Paisaxe, con acceso fácil e permanente á mesma.

Edificio vangardista construído polos arquitectos Luís M. Mansilla e Emilio Tuñón, gañadores, no ano 2007, do premio de arquitectura contemporánea Mies Van der Rohe , concedido pola Unión Europea.