Prehistoria

Segundo o catálogo arqueolóxico do concello de Lalín do ano 1999, estas mámoas formaban parte dun conxunto de sete, coñecido como Mámoas da Cruz, das que na actualidade só se conservan tres. 

Nos anos 2007 e 2008 con motivo das obras do tren de alta velocidade leváronse a cabo algunhas intervencións arqueolóxicas nas que se atoparon arredor de 30.000 fragmentos e obxetos a maioría de cerámica, muiños de man, instrumentos para machacar e tamén obxetos de adorno persoal de ouro e de bronce.

O “Castro do Penedo” tamén coñecido como Castro de Doade e popularmente como “Aurela do Castro”, está situado na parroquia de Doade, a 100 metros do lugar de O Penedo e Taín, e a 200 metros da aldea de Codeseda, no extremo setentrional dunha lomba preto do inicio da pendente cara o val do río Asneiro.