Espazos Naturais

O carballo é a árbore máis representativa de Galicia. A  dura madeira do carballo foi empregada para a construción de barcos e dise que para facer a frota da  Armada Invencible foron cortadas grandes extensións de carballeiras.

Declarada Monumento Natural, un dos sete existentes en Galicia, esta fraga de 45.185 metros cadrados de superficie, conta con excepcionais exemplares de carballos e castiñeiros, algúns destes últimos acadan os 30 metros de altura e 5 metros e medio de  perímetro, estando considerados como os de maior taxa de medranza anual de Europa.

Esta zona declarada LIC (Lugar de Interese Comunitario) de 10.699 hectáreas, compartidas cos municipios de Beariz, Forcarei, O Irixo e Silleda comprende no concello de Lalín parte da parroquia de Vilatuxe e a totalidade da de Zobra.

Zona declarada LIC (Lugar de Interese Comunitario) de 1.124 hectáreas, compartidas cos municipios de Agolada e Vila de Cruces, comprende no concello de Lalín parte das parroquias de A Veiga, Cadrón, Galegos, Muimenta, Parada e Rodís.