Esta ponte de pedra pertencía ao camiño real que unía as cidades de Santiago e Ourense. Substituíu con seguridade a pontes anteriores construídas no mesmo punto, probablemente de madeira, das que tomaría o nome (Pons Tabulata, ponte de táboas, ponte taboada).