Camiños de Santiago

Ruta alternativa do Camiño Francés, é o único que pasa polas catro provincias galegas. Os peregrinos tomábano para evitar a dureza da subida aos cumes do Cebreiro no inverno. Esta variante parte de Ponferrada seguindo o curso do río Sil por O Bierzo, Valdeorras, e o sur da provincia de Lugo. Transcorre  por lugares de gran beleza como As Médulas (Patrimonio da Humanidade), a Ribeira Sacra ou as vilas de Monforte e Chantada.

O Camiño do Sueste é unha prolongación da Vía da Prata, calzada romana que unía Sevilla (Hispalis) e Astorga (Asturica Augusta). No século XIII, tras a reconquista  da maior parte do territorio andalusí, é utilizada como ruta de peregrinación por andaluces e estremeños. Chegados á localidade zamorana de Granja de Moreruela continuaban ata Astorga para sumarse ao Camiño Francés ou ben tomaban a desviación por Puebla de Sanabria (de ahí o nome Camiño Sanabrés).

Aloxamentos
Farmacias
Oficina Municipal de Turismo
Reparación bicicletas
Paradas de autobús preto do Camiño
Servizos de saúde