Arquitectura Relixiosa

Data de 1885. O seu autor sería Francisco Otero, segundo a inscrición existente no pedestal, isto convirteo nun cruceiro moi curioso xa que os canteiros non empezan a firmar as súas obras ata o século XX.
Do 1737, segundo consta no Libro de Fábrica foi encargado no 1735 ao canteiro Alberto Pichel de Negreiros.
O ano de construción, 1889 aparece inscrita nos catro lados do pedestal.
De 1901, foi esculpido por Manuel González Perdiz.
Situado no casco urbano de Lalín na Rúa do Cruceiro, posúe todolos elementos dos cruceiros. Dalle a benvida aos peregrinos que veñen polo Camiño de Inverno a súa chegada á vila.
O pedestal con forma de cubo ten inscrición na que se pode ver a data de construción, 1814.
Data de 1763, segundo a inscrición que aparece no pedestal.
Situado na parroquia de Anzo, data do 1709.

Igrexa orixinaria de mediados do s. XII. Conserva desta época a portada con arquivoltas de arco de medio punto sobre columnas acaroadas, na parte superior da entrada leva uns saíntes a modo de ménsulas que sosteñen o tímpano sen decoración. A cornixa, tamén románica, amosa canzorros con motivos xeométricos, un deles coa figura dun rostro humano.

Destaca pola abundancia e pureza dos seus elementos románicos do século XII. A ábsida rectangular, presidida polo Agnus-Dei, conserva canzorros e ventá de unha arquivolta sobre columnas acaroadas de capiteis con follas, fustes lisos e bases decoradas con garras, cunha seteira no centro.