Arquitectura Relixiosa

Situado no casco urbano de Lalín na Rúa do Cruceiro, posúe todolos elementos dos cruceiros. Plataforma de 3 chanzos.

Cruceiro que nace sobre plataforma de tres chanzos . O pedestal con forma de cubo ten inscrición na que se pode ver a data de construción, 1814. En cada esquina superior unha caveira. Sobre este cubo unha especie de base circular da que parte o varal, cadrado coas esquinas biseladas.

Data de 1763. Plataforma de tres chanzos. Pedestal cúbico no que aparece inscrición coa data de construción. Varal octogonal liso. Capitel formado por duas filas de follas, na parte superior pequenas volutas que teñen no punto de unión caras.

Situado na parroquia de Anzo, data do 1709.

A súa fábrica primitiva é da primeira metade do século XII. Reformada en 1654, conserva da época románica parte da nave e a totalidade da fachada.

A igrexa é unha xoia románica do século XII e conserva desta época varios elementos. A portada principal está composta por tres arcos, os laterais son cegos e o central abucinado con dúas arquivoltas de medio punto que descansan sobre columnas acaroadas con capiteis de grandes follas coas puntas dobladas formando volutas.

Houbo neste lugar un mosteiro fundado no século X, era un mostiero mixto aínda que con dous edifcios separados pola  igrexa. O mosteiro  desapareceu como tal no século XIV, quedando a igrexa. 

Segundo consta na inscrición situada nun contraforte, esta igrexa comezou a construírse no ano 1165. Foi reformada ó longo dos séculos e posúe unha fachada neoclásica.

Igrexa de estilo neoclásico. A súa curiosa construción aparenta ter dúas fachadas. Foi construída ó longo do século XVIII sobre o solar da antiga capela das Aparicións. A sancristía, a capela maior e o camarín da Virxe foron construídos en 1746, a cúpula en 1768 e as capelas laterais en 1790.

A igrexa conserva da súa fábrica románica do século XII, a cabeceira rectangular cuberta con bóveda de canón feita con pedras irregulares, cun arco triunfal e un arco faixón, ambos sustentados por columnas  con capiteis de gran tamaño decorados con follas.