Museos

Inaugurado en novembro de 2016, é un espazo pertencente á Deputación de Pontevedra orientado á divulgación e posta en valor da cultura castrexa, as súas lendas e gastronomía; onde as novas tecnoloxías da información e a comunicación se poñen ao servizo do patrimonio cultural que atesoura a comarca de Deza.
A “Casa do Patrón” é un museo etnográfico no rural, con máis de 2.000 metros cadrados de exposición distribuídos en tres edificios, onde se expoñen máis de 4.500 pezas recollidas por toda a xeografía galega. Pequenos apeiros dunha gran historia , auténticos símbolos da Galicia dos últimos tres séculos.

Ao longo deste museo, as visitas percorrerán o mundo máxico dos monicreques e marionetas a través das salas de exposicións permanentes e temporais, ademais atoparán unha das bibliotecas especializadas mais completas do Estado, con libros, carteis, fotos, vídeos, etc.

Esta casa de finais do século XIX foi a residencia do astrónomo Ramón Mª Aller Ulloa, nacido no pazo de Filgueiroa (Lalín) en 1878. Nela, a comezos do século XX, pódese dicir que empezou a investigación astronómica en Galicia, xa que dende a galería, Ramón Aller fixo as primeiras observacións sobre pasos de Mercurio por diante do Sol, eclipses, ocultacións, medidas de estrelas dobres ou aspectos de planetas...
Pazo de estilo barroco do século XVII. Foi casa dos Taboada, unha das liñaxes máis importantes de Galicia. Estivo habitado ata principios do século XX, pero a súa época de maior esplendor foi no século XIX, cando persoas senlleiras da época pasan tempadas nel. Ramón Cabanillas, Otero Pedrayo ou Emilia Pardo Bazán introducen o Pazo na literatura. Neste pazo naceu e foi bautizado Joaquín Loriga Taboada, quen no 1926 formou parte do raid aéreo Madrid – Manila, o que representou un fito na historia da aviación.