CASTRO TECNOLÓXICO

Edificio vangardista construído polos arquitectos Luís M. Mansilla e Emilio Tuñón, gañadores, no ano 2007, do premio de arquitectura contemporánea Mies Van der Rohe , concedido pola Unión Europea.

Foi inaugurado o 20 de setembro do 2013, nese mesmo ano, o edificio consigue colocarse entre os premiados na  XII Bienal de Arquitectura y Urbanismo de España, na sección adicada a símbolos cívicos.

A construción pretende recordarnos, coas súas formas circulares, tanto no exterior como no interior,  a dos castros prerrománicos, moi abundantes no territorio do municipio, no que hai catalogados un total de 31.

Acolle nas súas dependencias os distintos departamentos do concello de Lalín, a Policía Municipal e a Policía Nacional, as oficinas do O.R.A.L., e Castrodeza, centro de interpretación dos castros.

 

Horario de visitas

De luns a venres                                                       

08:00 a 15:00                                                           

 

Enderezo:       Praza de Galicia, 1 - 36500 Lalín
Teléfono:        986 787 060
E-mail:            
lalin@lalin.gal

Web:               www.lalin.gal
 

 

Castro Tecnolóxico, Concello de Lalín
Mapa