PAZO DE BENDOIRO

A súa orixe remóntase ao século XVI. Co paso dos séculos sufriu numerosas modificacións, sobre todo no  século XIX para adaptalo á tendencia da época, a funcionalidade. Engádese nesta época a capela, trasladada dende a veciña aldea de Xubín. No século XX reformase a solaina da fachada posterior para convertela en galería acristalada, para aproveitar a calor do sol no inverno.

O edificio principal, xunto co muro e a capela, cerran un fermoso patio interior ao que se accede por un portalón sobre o que figura o escudo con varias armas, entre elas as dos Taboada, fundadores do Pazo. Os xardíns, e varios hórreos, rematan o conxunto, recuperado na actualidade como aloxamento rural.

 

Enderezo:                     Bendoiro de Abaixo, s/n - 36512 Bendoiro  (Lalín)

Teléfono:                      986 794 289

Correo electrónico:      info@pazodebendoiro.com

Web:                             www.pazodebendoiro.com

Coordenadas:               42º40'47.8''N 8º10'34.0''W

 

Pazo de Bendoiro
Mapa