PAZO DE ANZUXAO

Foi fundado no século  XVI, aínda que o edificio actual é do século XVIII. Conta cos elementos típicos que definen estas emblemáticas construcións galegas: capela, pombal, hórreo e escudo familiar o cal non garda ningunha relación con este pazo, xa que foi traído do pazo de A Calzada, en Bendoiro, ao seren ambos mercados pola familia dos actuais propietarios.

A construción con planta en escuadra está feita en materiais propios da zona, ten escaleira de cantería que culmina nun patín cuberto que se une a un fermoso corredor - solaina que ocupa mais da metade da fachada, todo con chan de cantería. A este belo conxunto pétreo póñenlle a guinda uns coidados xardíns polos que o visitante pode pasear libremente.

Dende 1970, nos seus arredores encóntranse asentadas as instalacións de Lácteos Anzuxao, unha fábrica tradicional de queixos galegos á que lle presta o seu nome e na que, previa reserva, se pode ver parte do proceso de fabricación.

 

Enderezo:                      Madriñán, 2 - 36512 Madriñán (Lalín)

Teléfono:                       986 794 135

Correo electrónico:       info@lacteosanzuxao.com

Web:                               lacteosanzuxao.com

Coordenadas:                42º42'38.8''N 8º08'33.0''W

 

PAZO DE ANZUXAO
Mapa