PONTE TABOADA

Esta ponte de pedra pertencía ao camiño real que unía as cidades de Santiago e Ourense. Substituíu con seguridade a pontes anteriores construídas no mesmo punto, probablemente de madeira, das que tomaría o nome (Pons Tabulata, ponte de táboas, ponte taboada). Conta cun só arco de medio punto, que alcanza unha altura duns nove metros sobre o nivel da auga. Está construída aproveitando dúas penas que estreitan o curso do río Deza. Ademais da ponte consérvase parte da calzada de acceso á mesma.

Construída na era 950 (que corresponde ao ano 912), como pode verse na inscrición realizada na cara plana dunha gran pena próxima. O contido de dita inscrición, parcialmente perdido, foi recuperado polos investigadores lalinenses Francisco Rubia e César Gómez gracias a un calco feito en 1890 por D. Carlos Taboada Rada, señor do  Pazo de Liñares situado moi preto. Nel pode lerse: “LaVORABERVNT isTA PONTE In ERA DCCCCL eT FVIT PERFECTA pRIDIE KL DS APIES”(Labraron esta ponte na era 950 e foi terminada o 31 de marzo)

Ademais do seu valor histórico e arquitectónico, esta ponte está situada nun fermoso entorno onde se respira paz e se ten a sensación de que o tempo quedara detido en séculos pasados.

Actualmente sirve de paso para os peregrinos que percorren a Vía da Prata ou o Camiño de Inverno, ambos cun mesmo trazado despois do albergue de A Laxe, na parroquia de Bendoiro.

PONTE TABOADA
Mapa