PONTE DOS CABALOS

Construída  no ano 970, sobre o río Arnego. Ponte feita en pedra, conta con dous arcos de medio punto sobre os que se apoia o taboleiro feito de grandes laxes. Na actualidade carece de peitoril.

É a única que queda en pe das seis que se construíron na Idade Media e que enlazaban a bisbarra do Deza con Antas de Ulla.

Esta ponte, un dos monumentos mais antigos da bisbarra, tamén era coñecida como “ponte do portádego” xa que cumpría pagar un imposto para cruzala, para esta fin había unha pedra que estaba no lugar de Parada, este nome designa todos aqueles lugares ao longo dos camiños onde se cobraba a “parata”, o que viña sendo unha aduana.

Hoxe en día sigue sendo enlace entre las localidades de Gurgueiro (Agolada) e Parada (Lalín)

PONTE DOS CABALOS
Mapa