CRUCEIRO DE NOCEDA

Do 1709

Cruceiro sobre un chanzo cadrado e unha base cúbica coas arestas rebaixadas. Varal cilíndrico no que destaca un saínte en forma de pequena placa. O capitel con volutas ábrese paso no medio de follas.  A  cruz é cilíndrica e nela aparecen as imaxes de Cristo crucificado cunha cara baixo os pes. e da Virxe coas mans entrelazadas, e apoiada sobre unha peana sotida por unha cara.

Mapa